GUADI GALEGO PRESENTA ‘INMERSION’ NO MAR DE VIGO

Vigo, 21 de setembro de 2019. Chámase ‘Inmersion’. É o novo proxecto de Guadi Galego, unha reinterpretación da súa propia música, cancións doutras épocas explorando territorios musicais diferentes. A cantante, que se deu a coñecer comao vocalista de Berrogüetto e dende entón densenvolveu unha interesante carreira, tanto en solitario coma en proxectos en colaboración con outros grandes músicos, presenta ‘Inmersion’ no Auditorio Mar de Vigo o sábado 16 de novembro ás 20.30PM. As entradas xa están á venda na bilheteira electrónica: https://guadigalegoenvigo.eventbrite.es/.

O concerto de Guadi Galego será diferente para o público do Mar de Vigo. Celebrarase no Hall do Auditorio, un espazo aberto á costa a través da súa característica vidreira. Dende o mar da Cedeira da que procede Guadi, ao mar de Vigo: novas versión das cancións máis especiais da que é unha das voces máis consolidadas do panorama musical galego funcionarán como fío conductor.

A nómina de colaboracións de Guadi Galego en ‘Inmersión’ dá unha idea das cas características deste seu proxecto musical. Dende Iván Ferreiro ao arxentino Lisandro Aristimuño, a creadora e intérprete e de jazz catalana Clara Peya, ou os galegos Xabier Díaz e Abe Rábade forman parte deste proxecto.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *