TerraCeo recibiu 14.000 espectadores e máis de 50 artistas

Vigo, 05 de Octubre de 2020. A primeira edición do Festival Terraceo, que este verán creou o Auditorio Mar de Vigo, recibiu máis de 14.000 espectadores entre os meses de xullo e setembro, converténdose no gran festival do verán, cunha certeira fórmula que axuntou música ao aire libre, gastronomía e unhas vistas privilexiadas sobre a Ría.Máis de 50 artistas pasaron pola espectacular posta de sol da terraza do Mar de Vigo, ao longo de 37 concertos, esgotando na súa maioría todo o aforo dispoñible. 
Desde grandes artistas consagrados como El Drogas, Kiko Veneno, Ariel Roth ou Alejo Stivell, pasando polas oportunidades que o festival brindou ata a catorce artistas locais como Babykatze, Xoana, Tinta ou Frans Bansfield.

Moitos dos artistas que pasaron polo festival, mesmo esgotaron as entradas en poucos minutos, co que tiveron que realizar unha segunda actuación, como foi o caso de Love of Lesbian, Amaral, Pablo López, Izal, M-Clan o Los Secretos. Mesmo nalgún caso, ante a gran demanda de entradas, programouse algunha sesión vermú matinal con enorme éxito, como foi o caso da banda Miss Cafeína. 
Concertos de bandas como Viva Suecia, Carlos Sadness ou Marlango tamén esgotaron as entradas en pouco tempo.

Ademáis desta exitosa fórmula que combinou artistas consagrados con novos valores locais, 'Terraceo ' tamén programou concertos tratando de buscar novos públicos, como foi o caso das actuacións de Don Patricio, Recycled J, Kimberley Tell ou Pol 314, que encheron o aforo dispoñible cun público moi novo.

'Terraceo' non só erixiuse como oun dos certames de referencia en España, ao ser realizado coidadosamente baixo as estritas medidas provocadas pola Covid-19, senón que se converteu nun certame que xerou emprego e gasto en hoteis. En cada un dos concertos do certame trabajaron 25 personas que desempeñaron labores de producción, atención en barras, seguridad o limpieza, e a presenza de artistas e os seus equipos na cidade sumaron máis de 200 pernoitas en hoteis de Vigo.
Proba da expectación e o impacto en medios que tivo 'Terraceo' son tamén as 220 acreditacións a medios de comunicación xestionadas ao longo de todo o festival.

O Auditorio Mar de Vigo cualifica de “éxito sen precedentes en España” este festival e traballa xa nunha segunda edición para o próximo verán. Ao mesmo tempo, o Mar de Vigo traballa en novas fórmulas para o próximo outono, para realizar con toda a seguridade necesaria unha programación alternativa atractiva que siga mantendo viva a actividade cultural.

GL