TerraCeo lanza unha promoción sorpresa con abonos para os seus espectáculos

Vigo. 08 de xullo de 2020. O Festival TerraCeo tiña unha sorpresa gardada para os seus seguidores. Desde mañá xoves 9 de xullo, e durante as próximas semanas, un día á semana lanzará abonos que inclúen entradas para os concertos máis demandados da programación: desde Pablo López ou Andrés Suárez a Amaral, M Clan… ou os compoñentes de Love of Lesbian. Os abonos permitirán asistir a dous espectáculos e estarán ao dispor do púbico en Ataquilla: https:// bit. ly/ TerraCeo_ENTRADAS.

TerraCeo reservara unha pequena cantidade de entradas por concerto –ao redor de 25- para esta acción sorpresa para as persoas que non puideron conseguir as súas tickets nos primeiros días de vendas. Agora, poderán comprar as súas entradas combinadas, e cun desconto, coas doutros concertos e/ou espectáculos escénicos.

Mañá xoves, ás 2 PM, TerraCeo lanzará os primeiros 5 abonos para os seguintes espectáculos:

– ABONO ANDRÉS SUÁREZ +  ÁLEX UBAGO. 50 €

– ABONO AMARAL + ALEJO STIVEL & AMARO FERREIRO. 45 €

– ABONO LUÍS ZAHERA + NOITES DE RETRANCA. 27 €

– ABONO M CLAN + ALEJO STIVEL. 35 €

– ABONO PABLO LÓPEZ + ALEJO STIVEL & AMARO FERREIRO. 45 €

A semana próxima, o martes, poñeranse á venda novos abonos sorpresa. Haberá entradas para todos os artistas que participan na primeira edición do Festival TerraCeo no mes de xullo.

Cun aforo máximo de 400 prazas distribuídas mantendo as distancias entre os 2.000 metros cadrados de azotea do Mar de Vigo, as noites de TerraCeo están pensadas como veladas ao aire libre para gozar da compañía, a música e a paisaxe.