Vigo, 17 de novembro de 2020.- As actuacións de El Kanka e McEnroe pasan a celebrarse os días 10 e 11 de decembro no Hall do Mar de Vigo ás 2.030 horas -apertura de portas dende as 19.30-.
Tal e como lembra a organización, todos os concertos de Momentos Alhambra Acustiquísimos contan con medidas hixiénico-sanitarias para facilitar o goce da experiencia musical coas máximas garantías de seguridade para público e artistas.