O Festival Terraceo anima o verán de Vigo con 30 concertos

Atardeceres fronte ás Cíes, desde a terraza de 2.000 metros cadrados que coroa o edificio do Auditorio e Pazo de Congresos Mar de Vigo. E concertos íntimos, e seguros, dalgúns dos intérpretes máis aclamados en Galicia e España. Esa é a proposta do Festival TerraCeo. Así é a iniciativa coa que o Mar de Vigo pretende apoiar a recuperación da actividade cultural e turística na cidade. En total, o Festival fará pasar pola terraza do Auditorio preto de 30 intérpretes entre o 3 de xullo e o 30 de setembro.

🛎 FAI CLIQUE AQUÍ PARA IR Á TAQUILLA: ENTRADAS, PREZOS, MERCAR…

O grupo Los Secretos inaugurará o TerraCeo en dobre función os días 3 e 4 de xullo. Serán os primeiros dunha longa relación de artistas que se dará a coñecer nos próximos días. O público poderá gozar dalgunhas das voces que máis público reúnen nos escenarios de España. Tan só no mes de xullo, pasaranse tamén polo escenario, entre outros, Ariel Rot -24 de xullo-, *Álex Ubago -31 de xullo-, Andrés Suárez -10 e 11 de xullo- ou Pablo López -17 e 18 de xullo-. Nos próximos días, poderemos confirmar ademais a presenza doutros grandes nomes da música española.

Tamén haberá artistas de primeira liña internacional. E bandas viguesas. E non faltará o humor: o 12 de xullo, Luís Zahera inaugurará cun monólogo a sección escénica. O 25 de xullo, Noites de Retranca volve á cidade en sesión especial.

A programación de agosto e setembro será difundida nas próximas semanas. Entre os artistas de renome xa confirmados están Don Patricio ou Recycled J.

Horas de relax e seguridade

Cada actuación será moito máis que un concerto. As portas abriranse desde dúas horas antes do inicio da música. Facilítase así que o público chegue de forma escalada, evitando aglomeracións. E que poida gozar das vistas e da contorna. Haberá barras, e comodidades. E tamén se contará coa presenza dun DJ para construír o ambiente ideal antes da chegada da voz principal da noite.

Haberá un total de 400 cadeiras nos 2.000 metros cadrados da terraza. As cadeiras situaranse de acordo ás normativas santiarias e de distanciamentos. Os protocolos de distanciamento social, de xestión de tráficos de persoas para evitar aglomeracións, e de posta ao dispor do público de elementos de desinfección e autoprotección son unha das bases sobre as que se desenvolve TerraCeo.

As entadas dos primeiros concertos sairán á venda nas próximas horas en Ataquilla. Serán as primeiras dun Festival cheo de grandes voces, algunhas delas, por suposto, tamén de Vigo.