Luis Zahera, Manquiña y Digón, en Noites de Retranca

Moita retranca. E ademais, música. Ese será o resultado de xuntar sobre o escenario ao humorista Oswaldo Digón, o actor galego que acaba de ser premiado pola Academia de Cine cun Premio Goya Luis Zahera, e máis ao todoterreo vigués Manquiña, que comparece sobre o escenario acompañado do seu grupo de música, Los Fabulosos Weekend. Será o que aconteza este sábado, 25 de maio, ás 21PM, no Auditorio do Mar de Vigo.

É a primeira vez que ‘Noites de Retranca’ reúne nun escenario a Manquiña, Zahera e Digón. Non está previsto que se repita ese cóctel de talentos para o humor. ‘Noites de Retranca’ é o espectáculo de humor galego máis visto de todos os tempos.

Logo de 9 anos sobre os escenarios de Galicia e España, xa chegou a máis de 50.000 persoas. Aposta por ir un paso alén do monólogo: reúne sobre o escenario actores e actrices do panorama galego con vis cómica, e tamén humoristas, claro. Ademais, ás veces propón asociacións inéditas de talentos. É o caso. Será o que aconteza este sábado, 25 de maio, ás 21PM, no Auditorio do Mar de Vigo.

Tamén música

Entre as novidades incluídas en ‘Noites de Retranca’ para esta función en Vigo está a importancia de música. Chega da man de Los Fabulosos Weekend e un Manuel Manquiña, que ademais de cantar, contará. Con humor. Xunto a un Luis Zahera que volve por primeira vez a Vigo cun espectáculo de gran formato dende que no pasado mes de febreiro recibiu un Premio Goya ao Mellor Actor de Reparto pola súa interpretación en “El Reino”. Oswaldo Digón completa o cartel. O humorista, que mantivo un espectáculo de humor en cartel en Barcelona durante catro tempadas consecutivas, ten claro cal é clave para facer humor: “Son cómico porque me tomo a vida moi en serio”, asegura con frecuencia.

As entradas xa están á venda en Ataquilla.com. Tamén poden comprarse, ata esgotar aforo, o propio sábado na billeteira do Auditorio do Mar de Vigo a partir das 20PM.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *