O PEQUENO REI DA SABANA | Gran Musical

Mercar


O rei da sabana é un dos musicais máis teatrais da actualidade cunha gran riqueza e moito que ofrecer ós espectadores grandes e pequenos. A Asociación Cultural Musical CODA, cunha traxectoria de máis de dez anos, sumerxiuse na aventura de levar ós teatros galegos esta adaptación no noso idioma dende outubro do 2012.

Este espectáculo conta cun elenco formado por trece solistas e un coro de máis de vinte voces, todas en directo.
Cun traballado e impresionante atrezo cheo de cor, cun gran impacto visual, máscaras, traxes, maquillaxes, luces e unha completa posta en escea, que non deixa indiferente a ninguén.

Nesta traxectoria, CODA TM (Teatro Musical) tamén é coñecida polo seu traballo co Musical Shrek de DreamWorks, xirando por toda a xeografía galega.