Michael Kiwanuka, o novo rei do soul inglés

Mercar


É unha das voces do presente e futuro do soul británico. MICHAEL KIWANUKA non deixou de recibir eloxios do seu marabilloso primeiro álbum “Home Again” (2012).

Ademais da súa voz privilexiada, o artista londinense é un enorme compositor, capaz de crear himnos atemporais coma “Cold Little Heart” ou “Black man in a white world”, que só son unha mostra do seu enorme talento e carisma.

A prensa especializada ve nel cousas de Otis Redding, Van Morrison, Curtis Mayfield ou Tim Buckley, cousa boa … e xa recibiu importantes premios como Ivor Novelo, BBC Sound, sendo nomeado ao prestixioso Mercury Prize ou aos Brit Awards 2020 coma mellor artista e álbum do ano. Co seu último traballo “Kiwanuka” acadou un recoñecemento masivo, entrando na lista dos mellores álbums do ano de grandes medios como Mojo, The Guardian, a revista Q ou Uncut.

Nos seus próximos 35 concertos en Estados Unidos e Europa, xa hai 29 esgotados, mostra unha enorme base de fans que non deixa de crecer.