GUADI GALEGO

GUADI GALEGO
Mercar


Chámase ‘Inmersion’. É o novo proxecto de Guadi Galego, unha reinterpretación da súa propia música, cancións doutras épocas explorando territorios musicais diferentes.

A cantante, que se deu a coñecer coma o vocalista de Berrogüetto e dende entón densenvolveu unha interesante carreira, tanto en solitario coma en proxectos en colaboración con outros grandes músicos, presenta‘Inmersión’ no Auditorio Mar de Vigo o sábado 16 de novembro ás 20.30PM.

O concerto de Guadi Galego será diferente para o público do Mar de Vigo. Celebrarase no Hall do Auditorio, un espazo aberto á costa a través da súa característica vidreira. Dende o mar da Cedeira da que procede Guadi, ao mar de Vigo: novas versión das cancións máis especiais da que é unha das voces máis consolidadas do panorama musical galego funcionarán coma fío conductor.

A nómina de colaboracións de Guadi Galego en ‘Inmersion’ dá unha ideadas cas características deste seu proxecto musical. Dende Iván Ferreiro ao arxentino Lisandro Aristimuño, a creadora e intérprete e de jazz catalana Clara Peya, ou os galegos Xabier Díaz e Abe Rábade forman parte dunha ampla nómina de colaboradores.