Andrés Suárez | TerraCeo


This event finished on 11 Xullo 2020


CLIQUE AQUÍ PARA COMPRAR ENTRADAS DO FESTIVAL TERRACEO 

A historia de Andrés Suárez é o máximo exemplo de ata onde che pode levar a combinación de constancia e talento. Dos bares de Ferrol a encher o Wizink Center madrileño. Esa frase resume a traxectoria deste cantautor galego que hai unha década foi tocar ao metro da capital e actualmente abarrota tanto teatros como espazos míticos para a música como o antigo Palacio dos Deportes de Madrid ou o de Vistalegre, segundo opte polo seu lado íntimo ou pola súa vertente de gran banda de rock.