Concerto de Mikel Erentxun e data adicional para Carlos Sadness

ENTRADAS: https://bit.ly/MARDEVIGO_TCEO

Vigo. 17 de xullo de 2020. Novidades na programación de agosto do Festival TerraCeo. O cantante vasco Mikel Erentxun súmase ás veladas con concerto na terraza do Auditorio Mar de Vigo o 6 de agosto. Ademais, haberá un concerto adicional de Carlos Sadness. Tras esgotar en moi poucos días as entradas para a noite do 15 de agosto, repetirá o día 16.

 

Mikel Erentxun será o primeiro artista que cante por segunda vez na terraza do Auditorio Mar de Vigo. Ao seu concerto do ano pasado, do mesmo xeito que aos de Pedro Guerra + Uxía, e ao da banda Mi Capitán, débeselles en boa medida o concepto co que se desenvolveu o Festival. Os Concertos na Terraza programados polo Auditorio Mar de Vigo a finais do verán do ano pasado foron o antecedente para partir do que se desenvolveu o Festival TerraCeo.

A propia Uxía, que xunto a Pedro Guerra inaugurou os Concertos na Terraza, preséntase #ante o público vigués o día 8 de agosto na que será outra das grandes noites do Festival TerraCeo. Cantará xunto a Javier Ruibal nunha noite de agosto fronte ás Cíes na que tamén participa o cantante portugués António Zambujo.