BASES SORTEO ENTRADAS VIVA SUECIA 13 SETEMBRO

1. Este sorteo desenvólvese na páxina de Instagram do Auditorio Mar de Vigo.

2. Cada unha das 3 persoas que resulten afortunadas neste sorteo recibirán 1 entrada dobre –para dúas persoas- que lle permitirá desfrutar do concerto de Viva Suecia no Festival TerraCeo do domingo 13 de setembro de 2020.

3. Participan o sorteo todas as persoas que comenten neste post cal é a súa canción preferida de Viva Suecia e que mencionen co seu id de Instagram á persoa coa que lles gustaría ir ao concerto.

4. A participación está aberta dende que se publica este post. Poderase participar ata as 14 horas do domingo 13 de setembro de 2020.

5. Cada persoa pode participar unha soa vez.

6. O sorteo realizarase por medios tecnolóxicos e sen intervención humana.

7. Os resultados publicaranse, nun post, o domingo 13 de setembro de 2020 ás 16 horas mencionando ás persoas gañadoras.

8. A persoa gañadora de cada entrada dobre deberá enviar o nome, DNI e teléfono de contacto das dúas persoas que desfrutarán da entrada por mensaxe privada á conta de Instagram do Auditorio Mar de Vigo antes das 17 horas. Poderán recoller as súas entradas na taquilla do Auditorio Mar de Vigo a partir das 18.30 horas e antes do inicio do concerto.