As entradas para Don Patricio, Rober Bodegas e Noites de Retranca, xa á venda

 

As entradas para o concerto de Don Patricio, Rober Bodegas e Noites de Retranca xa están á venda As entradas para os tres espectáculos de humor programados no Festival TerraCeo para o mes de xullo xa están á venda en Ataquilla. com. A oferta complétana o actor e cómico Luís Zahera -12 de xullo-, o humorista Rober Bodegas, que chega á Terraza do Mar de Vigo o 16 de xullo, e unha sesión especial de Noites de Retranca o 25 de xullo que nos achegará, nun unha soa sesión, ao dúa Mofa e Befa, a Quico Cadaval, e a Celso F. Sanmartín.

FAGA CLIQUE AQUÍ SE QUERE MERCAR ENTRADAS PARA O FESTIVAL TERRACEO

Os espectáculos de humor teñen habitualmente unha excelente acollida no Mar de Vigo. Agora, por primeira vez, chegan á Terraza do Auditorio, un espazo aberto e cunhas impresionantes vistas sobre a Ría. E a un Festival pensado para desfrutar da espectacular contorna do Mar de Vigo: as portas abriranse con antelación para evitar aglomeracións. Tras a finalización das actuacións, haberá tempo e condicións para efectuar a saída de forma gradual. As actividades paralelas do Festival –bebida, comida, animación- manteranse ao termo das actuacións para mellorar a oferta de lecer para o público, xerando unha saída do recinto gradual e evitando así calquera tipo de aglomeración.

O do rapero Don Patricio será o primeiro dos concertos programados para o mes de agosto no Festival Terraceo. As súas entradas están en venda desde esta tarde. Don Patricio é un dos artistas que máis están a revolucionar o panorama musical en España. Aínda que o seu éxito non comezou ata comezos de 2019, as súas cancións suman 200 millóns de escoitas en Spotify e 154 millóns de reproducións en Youtube.