O Dúo Dinámivo regresa a Vigo logo de 15 anos

A Vigo gústalle o Duo dinámico. O grupo formado por Manuel de la Calva e Ramón Arcusa chega ao Auditorio Mar de Vigo este sábado cun concerto no que repasan os 60 anos dunha carreira musical na que crearon algunhas das cancións máis coñecidas da música popular en España. 48 horas despois do inicio do concerto, as entradas fanse escasas. O concerto será este sábado ás 21:00.

Os membros do Dúo Dinámico levaban 15 anos sen presentarse ante o público  de Vigo. Éxitos como “Quince años tiene mi amor”, “Resistiré” ou “El final del verano” forman parte da lista de temas que se escoitarán no concerto. De la Calva e Arcusa sinalan decote nas súas entrevistas que os seus espectáculos nesta xira parecen “karaokes”: o público está dedicado a cantar un repertorio de cancións que están encadenadas á memoria sentimental de varias xeracións.

O Dúo Dinámico nace en 1958 en Barcelona. O 28 de decembro dese ano cantaron por primeira vez en público en Radio Barcelona. Na súa carreira só houbo unha interrupción importante: nos anos 70, e durante 6 anos, Arcusa e De la Calva deixaron temporalmente as súas propias cancións e escenarios para centrarse na produción musical.