Luis Zahera, Manquiña y Digón, en Noites de Retranca

Moita retranca. E ademais, música. Ese será o resultado de xuntar sobre o escenario ao humorista Oswaldo Digón, o actor galego que acaba de ser premiado pola Academia de Cine cun Premio Goya Luis Zahera, e máis ao todoterreo vigués Manquiña, que comparece sobre o escenario acompañado do seu grupo de música, Los Fabulosos Weekend. Será o que aconteza este sábado, 25 de maio, ás 21PM, no Auditorio do Mar de Vigo.

Sigue lendo

Manolo García en versión acústica no Mar de Vigo

Con preto de 1.400 billetes case esgotados dous días antes do seu concerto no Auditorio Mar de Vigo, Manolo García chega a Galicia para presentar a súa xira acústica. As súas mellores cancións soarán no Auditorio este venres, 17 de maio, a partir das 21:00. Na súa xira acústica, Manolo García revisa as súas creacións cun ángulo absolutamente novo, sofisticado e prometedor.

Sigue lendo