13 grandes cantantes e cómicos no agosto de TerraCeo

 + Amaral súmase á programación do mes de xullo

+ Click aquí para abrir a programación de agosto.

Un total de 13 grandes figuras da música e a escena compartirán os atardeceres de agosto da Ría de Vigo co público do Festival TerraCeo. A primeira edición de TerraCeo está a ter unha excelente acollida. O 70% das entradas postas á venda –as do mes de xullo e o concerto de Don Patricio o 2 de agosto- vendéronse en tan só 10 días.

Á programación de TerraCeo en xullo súmaselle agora Amaral. O seu concerto será o 19 de xullo. O Festival TerraCeo é unha aposta por gozar ao aire libre da paisaxe e a contorna da Ría de Vigo en noites construídas ao redor de concertos e monólogos.

No mes de agosto participarán en TerraCeo: Santi Balmes, Julián Saldarriaga e Dani Ferrer, compoñentes de Love of Lesbian, propoñen un paseo polo repertorio do grupo. Don Patricio, JJ Vaquero,  Alejo Stivel + Amaro Ferreiro, Uxía + Antonio Zambujo + Javier Ruibal, Moncho Borrajo, David Suárez, Kiko Veleno, Carlos Sadness,  Marlango, Recycled J + Kimberly, Miss Cafeína e Rodrigo Cuevas.

Espazo de encontro

Máis aló das actuacións centrais, a Terraza do Mar de Vigo, de 2.000 metros cadrados e cunhas impresionantes vistas das Cíes, será un espazo de encontro. A entrada farase con tempo suficiente para evitar aglomeracións e haberá barra e música desde a apertura de portas. Terminadas as actuacións centrais, o público terá ata as 23.30 PM para abandonar o Auditorio e continuar gozando das opcións de lecer da noite do verán de Vigo.

Entre as medidas de prevención sanitaria postas en marcha, estará o uso de máscaras no recinto do Auditorio salvo cando se estea sentado. As cadeiras organizaranse en grupos de ata 4 persoas, mantendo a distancia de seguridade entre os grupos, que comparten unha única entrada pero deben facilitar os datos de todas as persoas que acceden. Tamén haberá persoal adicional para axudar ao público para cumprir as medidas de distanciamento. Agosto é o segundo mes do Festival TerraCeo.

As actuacións continuarán ata setembro.