Vigo

Panorámica de Vigo

Algo debe de ter Vigo para ser un dos destinos preferidos dos máis importantes cruceiros internacionais. Os máis de 300.000 viaxeiros que pasan ao ano por esta cidade non poden estar equivocados. Até o mismísimo capitán Nemo, xa polo século XIX, visitaba Vigo na novela 20000 leguas de viaxe submarino.

Ese “algo” pode tomar diferentes formas, dependendo dos seus gustos. Non dubide que atopará o seu.

Os amantes da praia poden ir á mellor praia do mundo e gozar do agradable microclima co que conta a zona. Tamén poden admirar a natureza ou visitar os pobos do contorno.

Quenes prefiran o arte, poden escoller entre unha ampla oferta de espectáculos de teatro e música, diversos museos ou admirar obras arquitectónicas notables ou ruínas históricas.

Para repor enerxías nada mellor que gozar da gastronomía galega en calquera dos restaurantes e locais de tapas da cidade. Mariscos, peixes, carnes e viños da mellor calidade agardan aos visitantes.

E ao final do día, para os que aínda teñan ganas de máis, Vigo é coñecida pola ampla e variada gama dos seus locais de lecer nocturno.

Vigo é unha cidade acolledora e ben comunicada, tanto por terra (autovías e ferrocarrís), como por mar (cun importante porto) como por aire (co aeroporto de Peinador, a 10 quilómetros do centro).

Escolla Vigo. Acertará.

Información completa sobre vigo en Turismo de Vigo (www.turismodevigo.es)

© Copyright Congrevigo - Todos os dereitos reservados.
Twitter Facebook
Teconsite
Deseño web