Ocio

Turismo

Playa de Rodas, Islas Cies

O entorno da Ría de Vigo é un dos maiores atractivos turísticos da cidade. En Vigo e arredores o visitante pode relaxarse nas numerosas praias existentes, realizar rutas de sendeirismo, visitar os pobos e vilas da comarca (entre os que destaca a Vila Real de Baiona).

Na época estival pódese tomar desde a estación marítima, moi próxima ao palacio, un barco ás Illas Cíes. Este icónico arquipélago, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, conta cunhas paisaxes naturais de gran beleza, unha fauna e flora únicas e numerosas praias de area branca e augas cristalinas. A Praia de Rodas, entre elas, foi nomeada polo diario The Guardian como A Mellor Praia do Mundo.

 

 

Salir por Vigo

Fiestas en Bouzas A oferta de lecer nocturno na cidade é ampla e para todo os gustos

  • A zona da Rúa Arenal é o lugar de moda para divertirse. Alí están os pubs e discotecas máis elegantes e coidados, nos que se pode escoitar a música máis actual.
  • No área de Samil poderá atopar discotecas para bailar e gozar até altas horas da madrugada.
  • Churruca é a zona máis alternativa da cidade. Bares e pubs poñen música de rock and roll, funky ou pop.
© Copyright Congrevigo - Todos os dereitos reservados.
Twitter Facebook
Teconsite
Deseño web