Cultura

A oferta cultural na cidade é ampla. Pode elixir entre museos, ruínas históricas, notables obras arquitectónicas, teatro, música…

Museo Verbum, Casa das Palabras

Museos

Os museos máis destacados da cidade son:

  • O Museo de Arte contemporáneo (MARCO)
  • O Museo Verbum
  • O Museo do Mar de Galicia
  • O Museo-Pazo Quiñones de León

Neles pódense admirar obras das artes plásticas de todas as épocas, pezas relevantes da historia galega e de Vigo ou asistir a charlas e eventos.

 

Teatro García Barbón

Arquitectura

Nas Rúas García Barbón e Policarpo Sanz atópanse numerosos edificios de alto valor, entre os que destacan os deseñados polo importante arquitecto modernista Antonio Palacios. Non deixe de admirar o Teatro García Barbón ou o Centro Cultural Caixa Galicia, o Edificio Simeón, entre outros.

 

Castro

Ruinas Históricas

Por outra banda, a cidade conta coas ruínas históricas de O Castro (edificacións castreñas restauradas recentemente) e Toralla (vila romana).

Na centrica rúa Rosalía de Castro, tamén se poden visitar as Saliñas Romanas do século I d.C.

 

 

Teatro e música

As representacións teatrais e musicais son continuas na vida social e cultural da cidade. Obras de teatro clásico ou funcións vangardistas, concertos de música clásica, rock ou jazz... As opcións son infinitas.

 

 

© Copyright Congrevigo - Todos os dereitos reservados.
Twitter Facebook
Teconsite
Deseño web