FAMILIA MARÍA FUMAÇA

Estamos de festa, cumprimos cinco anos de viaxe enchendo vagóns de amizade e de alegría.

O noso maquinista Ruí e toda a familia María Fumaça queremos celebralo reunindo un feixe de éxitos e dúas novas cancións para incorporar ás vosas favoritas e coas que vos queremos dicir o moito que vos queremos e que vos temos sempre no corazón.

Visitaremos moitas vilas e cidades acompañados da voz de Uxía, da guitarra e cavaquiño de Sérgio Tannus, do acordeón de Santi Cribeiro, da voz e a guitarra de Magín Blanco, do contrabaixo de Antonio Castillo, das voces de Chus e Ana, a gaita de Raquel e tantas amigas e amigos que nos acompañan, coma vós, xunto a Rui, o mellor maquinista que poidamos ter, que nos leva sempre polos mellores camiños nos que descubrimos que a diversidade é o noso mellor modo de vida. Contaxiando alegría!!!

Boa viaxe!!!
www.ataquilla.com
tlf. 902504500
Taquilla Afundación Policarpo Sanz, 26
© Copyright Congrevigo - Todos los derechos reservados.
Twitter Facebook
Teconsite
Diseño web